Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 1995 Páx. 1.286

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ONDE do 12 de xaneiro de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións a xornais e revistas galegos para e edición de suplementos didácticos e promoción da lingua galega.

Dado o importante papel que poden levar adiante os xornais e revistas galegos no eido da promoción e difusión da nosa lingua, esta consellería, dentro das súas posibilidades materiais e normativas, e de acordo coas recomendacións presentadas pola Comisión Coordinadora para a Normalización Lingüística da Xunta de Galicia, quere establece-los procedementos de cooperación con estes medios de comunicación, de tal forma que aqueles xornais ou, revistas galegos de empresas editoriais, non institucionais, que empreguen o galego nos seus suplementos didácticos, poidan acceder ás subvencións reguladas pola presente convocatoria.

Para a concesión das devanditas subvencións destinarase unha cantidade total máxima de corenta millóns de pesetas (40.000.000 de ptas.), con cargo á partida orzamentaria 07.06.353.F.471, correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1995.

Na súa virtude, de acordo coa vixente normativa en materia de subvencións, faise pública a presente convocatoria, e, con tal fin,

DISPOÑO:

Primeiro.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, poderá conceder subvencións ós xornais e revistas galegos de empresas editoriais, non institucionais, ata o límite sinalado na correspondente partida orzamentaria.

Segundo.-As peticións, formuladas en tódolos casos polas editoriais empregando o modelo que se engade á presente orde como anexo I, serán para solicitar subvencións que se concederán unicamente para atende-los gastos correspondentes ós suplementos didácticos ou á promoción da lingua galega nos seus diferentes léxicos específicos, feitos a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia que estean totalmente escritos en galego, segundo a lexislación vixente (Lei 3/1983, do 15 de xuño, disposición adicional, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Terceiro.-Ás solicitudes engadiráselles, ademais, a seguinte documentación:

a) Anexo I debidamente cuberto.

b) Acreditación da súa personalidade, mediante fotocopia compulsada da escritura pública de constitución, e poder notarial do asinante da solicitude, no caso de non ser empresario individual, ámbolos dous inscritos no Rexistro Mercantil.

As empresas individuais presentarán fotocopia legalizada do DNI do titular.

c) Un exemplar, polo menos, do xornal ou revista, co suplemento ou modelo, se é o caso, para o que se solicita a subvención.

d) Memoria explicativa dos suplementos que se vaian realizar: número de páxinas, periodicidade, tirada, etc..., así como, de se-lo caso, memoria dos suplementos realizados en anos anteriores, achegando orixinais ou fotocopias, sobre todo dos suplementos publicados no ano 1994.

e) Orzamento detallado ou expresión dos gastos para os que se solicita a subvención, con indicación da cantidade que se pide como axuda.

Declaración xurada de se, para a mesma actividade, gozan ou non dalgunha axuda económica máis doutras entidades ou institucións.

No caso de que se lle conceda unha subvención, a posteriori para este mesmo fin, o beneficiario terá a obriga de comunicarllo á Administración, sendo de aplicación o disposto no art. 78.3 da Lei 11/1992, do 7 de outubro.

g) Certificación bancaria orixinal da conta corrente na que desexen que se lles ingrese o importe da subvención, ó nome da empresa solicitante.

h) Fotocopia do CIF.

Cuarto.-

l) 0 prazo de presentación de solicitudes e da devandita documentación será de 15 días, a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2) As peticións entregaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela), sendo de aplicación o previsto no art. 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3) O defecto na solicitude seralles notificado ós interesados e darase un prazo de 10 días para emendar erros ou omisións. Transcorrido o dito prazo, se non se producise a dita emenda, as peticións serán arquivadas sen máis trámite.

Quinto.-Estudiará as solicitudes unha comisión presidida polo director xeral de Política Lingüística ou persoa na que delegue e composta polos seguintes membros:

Vocais: a xefa do Gabinete de Prensa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Un representante proposto pola Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia e nomeado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros) nomeado polo seu titular.

O xefe do Servicio de Xestión e Promoción Lingüística.

O xefe do Servicio de Plans e Programas do Ensino da Lingua Galega.

A xefa da Sección de Xestión e Coordinación Lingüística.

Secretario: un funcionario da Dirección Xeral de Política Lingüística, que actuará con voz e sen voto.

A citada comisión aplicará os criterios e prioridades contidos na orde e redactará un informe-proposta de concesión, denegación e exclusión, se é o caso, das subvencións.

A concesión e denegación das subvencións determinarase por resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Sexto.-

1.-As empresas que resulten seleccionadas deberán comunicar por escrito a aceptación da subven

ción á Dirección Xeral de Política Lingüística (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria) no prazo máximo de 10 días contados a partir da recepción da comunicación desta.

Para recibi-la subvención concedida, os xornais ou revistas seleccionados deberán enviar á Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria antes do 1 de setembro de 1995 (agás aquelas empresas que expresasen na súa petición unha data posterior para a total realización do seu proxecto, que será como máximo antes do 30 de setembro do mesmo ano), xustificantes orixinais ou compulsados dos gastos realizados, conforme co proxecto subvencionado e que representen, como mínimo, o dobre da subvención outorgada, e xunto cunha relación pormenorizada e numerada dos xustificantes que se envíen. Admítense como xustificantes unicamente:

a) Gastos de material: papel, planchas, tintas e películas ata unha porcentaxe máxima do 30% da xustificación total da subvención.

b) Gastos de persoal: autores, coordinación, debuxantes, montaxes, fotografías e persoal colaborador, ata unha porcentaxe máxima do 60% da xustificación total da subvención.

c) Gastos de distribución: ata unha porcentaxe máxima do 30% da xustificación total da subvención.

2.-Deberán remitirlle, tamén, á Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mostras dos suplementos publicados.

3.-Con independencia da contía da subvención e antes de proceder ó seu cobro, os beneficiarios terán que acredita-lo seguinte:

a) Atoparse ó día das súas obrigas tributarias mediante certificado expedido pola correspondente delegación ou axencia do Ministerio de Economía e Facenda.

b) Atoparse ó día das súas obrigas sociais, mediante certificado expedido pola Tesourería da Seguridade Social.

c) Non ter pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante certificación expedida pola Consellería de Economía e Facenda ou calquera das súas delegacións.

4.-Segundo o establecido na Lei 6/1994, do 29 de decembro, para aquelas subvencións que non superen o importe de 1.000.000 de ptas. poderá acordarse no momento da concesión un anticipo de pagamento de ata un 80%, librándose o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e demais condicións para a que foi concedida.

Nos demais casos, poderán acordarse pagamentos parciais, a medida que o beneficiario xustifique os gastos e a conta de liquidación ata unha porcentaxe máxima do 80% da subvención concedida.

Tódolos xustificantes terán data de 1995.

Sétimo.-Os xornais ou revistas subvencionados farán constar nos suplementos o patrocinio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, empregando para isto os logotipos aprobados pola Imaxe Corporativa da Xunta de Galicia, co texto seguinte: «Edición patrocinada pola Dirección Xeral de Política Lingüística. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia».

Oitavo.-O incumprimento de calquera das normas contidas na presente orde dará lugar á revogación da subvención concedida, logo de audiencia do interesado.

Noveno.-Se no prazo máximo de 3 meses non recaese resolución expresa desta convocatoria, as solicitudes presentadas entenderanse desestimadas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Política Lingüística para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Sr. Secretario Xeral. Sr. Director Xeral de Política

Lingüística. Sres: Delegados Provinciais da

Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria