Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.255

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 25 de xaneiro de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciados pola Orde do 28 de novembro de 1994.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, por Orde do 28 de novembro de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 239, do 14 de decembro de 1994), de conformidade co disposto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4 da referida lei

Esta consellería dispón:

1.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 28 de novembro de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 239, do 14 de decembro de 1994).

2.-Adxudicar destinos, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo da presente orde.

3.-Declarar deserto o posto de xefe do Servicio de Supervisión de Proxectos da Delegación Territorial de Ourense, código OT.C99.10.000.32001.014.

4.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días,

contados a partir do seguinte á data de publicación nesta orde no Diario Oficial de Galicia.

0 prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou de un mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

5.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencías de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

6.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda