Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 18 de xaneiro de 1994, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se lles require documentación ós solicitantes de pensión non contributiva que se relaciona no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do R.d. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e no art. 21 do R.d. 357/1991, do 15 de marzo, a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no art. 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requírese ós abaixo citados para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Área, de Servicios Sociais da Coruña (Concepción Arenal, 7-9) para teren coñecemento do trámite ou documentación que teñen que aportar ó expediente. De non compareceren no prazo indicado ou se dentro dos 10 días seguintes ó da comparecencia non aportasen a

documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 92 da Lei 30/1992, paralizarase o expediente e trans corridos tres meses producirase a súa caducidade con arquivo das actuacións practicadas.

A Coruña, 18 de xaneiro de 1994.

José Antonio Amado Vila

Xefe de Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña