De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícase á persoa que se cita a continuación a resolución do expediente intruído, segundo acordo da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental, polas infracción da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
O dito interesado dispón dun prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Cultura.
No caso de conformidade con estas resolucións deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 447.500.00007/1 da Caixa Ourense, oficina principal de Pontevedra.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 1995.
Manuel Garrido González
Delegado provincial de Pontevedra
Pontevedra, 13 de xaneiro de 1995.
Manuel Garrido González
Delegado provincial de Pontevedra