Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, da asistencia técnica consistente na contratación de dous avións de carga en terra con destino á extinción de incendios forestais durante o ano 1995 (0505).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: contratación de dous avións de carga en terra con destino á extinción de incendios forestais durante o ano 1995 (0505), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela.

Orzamento de licitación: trinta e dous millóns de pesetas (32.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: seiscentas corenta mil pesetas (640.000 ptas.).

Fianza definitiva: un millón duascentas oitenta mil pesetas (1.280.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Conselleria de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 9 de marzo de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 13 de marzo de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secre

taría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes