Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre modificación, disolución, cancelación e baixa provisional das sociedades agrarias de transformación que se citan. (SAT nº 823 e once máis).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das modificacións, disolucións, cancelacións e baixas provisionais das sociedades agrarias de transformación, conforme o Real decreto 1.776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, que se citan.

Modificación de:

A sociedade agraria de transformación Quinta Couselo, SAT nº 823 XUGA; na asemblea xeral do 5-9-1994 aproban por unanimidade a ampliación do capital social, que queda cifrado en 4.500.000 ptas., representado por 4.500 resgardos nominativos de 1.000 ptas. cada un.

A sociedade agraria de transformación Ción, SAT nº 2.027; na asemblea xeral celebrada o 5-11-1994 aproban por unanimidade establece-lo valor do resgardo en 100 ptas. cada un, e amplia-lo capital social por importe de 1.500.000 ptas., quedando un definitivo capital social de 10.300.000 ptas., representado por 103.000 resgardos cun valor nominal de 100 ptas. cada un.

A sociedade agraria de transformación Pycflorga, SAT nº 896 XUGA; na asamblea xeral celebrada o 25-5-1994 aproban por unanimidade conferir poderes a Juan José Alonso Otero, para exercer como xerente-apoderado.

A disolución de:

A sociedade agraria de transformación Carrofeito, SAT nº 583 XUGA, por acordo da asemblea xeral extraordinaria e universal celebrada o 29-12-1993 e por unanimidade, solicita a súa disolución e nomea a comisión liquidadora.

A sociedade agraria de transformación Redoflor, SAT nº 442 XUGA, por acordo da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 22-12-1994 e por unanimidade, solicita a súa disolución e, nomea a comisión liquidadora.

A cancelación de:

A sociedade agraria de transformación Carrofeito, SAT nº 583 XUGA, por acordo da asemblea xeral extraordinaria e universal celebrada o 30-12-1994 e por unanimidade, solicita a súa cancelación no Rexistro Xeral de SS.AA.TT. de Galicia. Revisada a súa documentación, queda cancelada.

A sociedade agraria de transformación Cainzada, SAT nº 535 XUGA, por acordo da asemblea xeral celebrada o 21-11-1994 e por unanimidade, solicita a súa cancelación no Rexistro Xeral de SS.AA.TT. de Galicia. Revisada a súa documentación, queda cancelada.

A sociedade agraria de transformación Vicasat, SAT nº 514 XUGA, por acordo da asemblea xeral celebrada o 26-10-1994 solicita a súa cancelación no Rexistro Xeral de SS.AA.TT. de Galicia. Revisada a súa documentación, queda cancelada.

A sociedade agraria de transformación Vázquez, SAT nº 746 XUGA, cancélase polo transcurso de máis de un ano da súa disolución.

A baixa provisional de:

Por acordo do 20-10-1994, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, danse de baixa provisionalmente no índice de entidades as seguintes SS.AA.TT.:

-A sociedade agraria de transformación Lombricultura Carralense, SAT nº 448 XUGA.

-A sociedade agraria de transformación Lombrinorsat, SAT nº 576 XUGA.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes