Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 11/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 38 da L.M.T. existente Pontevedra-Sanxenxo ata o C.T. de San Xoán de Poio, concello de Poio.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-soterrada, sendo a aérea de 523 m, conductor LA-56 e apoios de formigón e a soterrada será de 210 m e conductor RHV, toda ela a 20 kV.

Orzamento: 7.659.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo núm. 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra