Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 10/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a sub. de Vilalonga (Sanxenxo) ata o C.T. da Graña (O Grove).

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., tramo I, desde sub. Vilalonga ata o último apoio da L.M.T. Tombelo-Noalla, aérea, de 2.328 m de lonxitude, conductor LA-110 e apoios metálicos e de formigón. L.M.T., tramo II, desde o apoio 1 da L.M.T. Tombelo-Noalla ata o C.T. A Lanzada I, aéreo-soterrada, conductor LA-110 e apoios metálicos e de formigón, de 2.145 m. L.M.T., tramo III, desde C.T. A Lanzada II ata o C.T. da Graña, aérea, de 3.188 m, conductor LA-110 e apoios metálicos e de formigón.

Orzamento: 42.727.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo núm. 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra