Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 3/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Sirafish, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. propiedade de Fenosa fóra do recinto portuario ata o C.T. próximo á nave frigorífica propiedade da empresa no recinto portuario, concello de Marín.

Finalidade da instalación: subministrar enerxía á nave frigorífica.

Características principais: L.M.T. soterrada, con conductores R.H.V. C.T., de 400 kVA., relación de transformación 20 kV/380-220 V.

Orzamento: 2.700.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra