Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a peticións de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente nº 3.973-anexo-A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9º do Decreto 2.617/1966, e art. 10 do Decreto 2.619/1966, ambos do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración, da súa utilidade pública, dunha instalación eléctrica de alta tensión que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. r/ Sáenz Díez 45, 32003, Ourense.

b) Situación: Penasalbas-Tamallancos (Vilamarín-Ourense).

e) Finalidade: Mellora-la calidade e seguridade do servicio no sector, segundo o plan MEGA.

d) Características principais: Liña aérea, a 20 kV de 152 m de lonxitude, en conductor LA-110, derivada desde o apoio nº 20 da liña existente Penasalbas-Tamallancos, expte. 3.973 A.T. e finalizará no C.T. existente en Bouzas (Vilamarín).

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4ª, Ourense) e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 10 de xanciro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense