Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A corporación municipal, na súa sesión plenaria celebrada o día 30 de novembro de 1994, adoptou, o seguinte acordo:

Aprobar, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da unidade de actuación 2-A, promovido pola Sociedad Suelo y Casas, S.A. e redactado polo arquitecto José R. Millar Caridad, cun orzamento de execución material de 19.089.362 ptas.

Durante o prazo de 15 días contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá examinarse o documento inicialmente aprobado e presentarse as alegacións contra el que se consideren pertinentes.

Culleredo, 27 de decembro de 1994.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde