Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.193

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (256/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o vintedous de marzo de mil novecentos noventa e catro.

No nome de S.M. El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 256/1994, dimanante do procedemento seguido por insultos e ameazas, no que foron parte, ademais do ministerio fiscal, Antonio Sánchez Budiño (denunciado), en paradoiro descoñecido, e os policías municipais Martín Giadás Santos e Miguel,

Decido que debo condenar e condeno a Antonio Sánchez Budiño, autor de faltas do artigo 570-2º do Código Penal e do artigo 585-2º do Código Penal, e falta do artigo 586 nº 1 do Código Penal, ás penas de multas de 25.000 ptas., 20.000 ptas. e 40.000 ptas., respectivamente, e ó pagamento das custas.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes, coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría ó dispor das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da LAC), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra esta resolución as partes poderán interpor recurso de apelación perante o Xulgado de Instrucción dentro de cinco días, quedando as actuacións durante ese período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación a Antonio Sánchez Budiño, en paradoiro descoñecido, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o cinco de decembro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario xudicial

Rubricado