Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.193

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO de citación de remate.

En virtude do disposto pola xuíza de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa en auto dictado por este xulgado de data vinte de abril de mil novecentos noventa e catro, promovido polo Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Sr. Regueiro Muñoz, contra Manuel Vázquez López e Ana María Rodríguez Iglesias en reclamación da cantidade de 1.578.125 pesetas de principal e 850.000 pesetas orzadas para xuros e custas, ordenando despacha-la execución e practica-lo embargo pola presente cédula que se expide por instancia da parte executante, cítase de remate a Manuel Vázquez López e Ana María Rodríguez Iglesias, para que dentro do termo de nove días, contados desde o seguinte ó da publicación, poidan oporse á execución despachada comparecendo en legal forma en autos mediante abogado e procurador, prevíndoos de que, en caso de non o faceren, serán declarados en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso, sen os volver citar nin lles facer outras notificacións cás que determina a lei.

Así mesmo practicóuselle-lo embargo dos bens que a seguir se relacionan sen previo requirimento de pagamento por se descoñece-lo seu paradoiro:

1º. Seat 127, 4 portas, C-3634-I.

2º. Citroén GSA-X3 LU-4527-F.

E para que conste e produza os efectos oportunos expido o presente edicto en Arzúa, 2 de decembro de 1994.

A secretaria

Rubricado