Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/2606/1994, interposto por Agustín Caamaño González.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 1/2606/1994, interposto por Agustín Caamaño González contra a Resolución do 6 de outubro de 1994, desta dirección xeral, pola que se desestima a súa petición de reingreso ó servicio activo no posto de traballo de médico titular do distrito 3º de Vigo.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos