Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.185

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncian modificacións dos estatutos da Federación de Asociaciones de Empresarios de Peluquería y Estética de Galicia (FEPEGA).

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións

profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 23 de xaneiro de 1995 certificación do secretario da referida federación, José Manuel Touriño Lado, avalada co visto e prace do seu presidente, na que se recolle o acordo da asemblea xeral extraordinaria, acadado na súa reunión celebrada o 6 de decembro de 1994, e que se concreta na modificación do parágrafo primeiro do artigo 10 dos estatutos da devandita federación.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais