Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.170

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1995 pola que se convoca un curso sobre intervención e prevención policial dirixido ós membros dos corpos da policía local da provincia de Ourense.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1995 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre intervención e prevención policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

O curso ten como obxectivo principal dota-los policías dunha formación teórico-práctica que os capacite para actuacións nos distintos supostos policiais que se lles poidan presentar nas súas actuacións nas rúas.

Destinatarios:

O curso vai dirixido ós membros dos corpos da policía local da provincia de Ourense.

Inscrición:

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas:

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 50.

Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI, e doutra do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 30 de marzo.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Rúa de Madrid, s/n, Polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela.

Contido e duración:

O curso terá unha duración de 20 horas lectivas, que serán impartidas por membros dos corpos da policía local e da carreira xudicial.

Datas:

O curso celebrarase do 17 ó 21 de abril de 1995.

O horario será de 16 a 20 horas.

Relación de admitidos:

A relación de admitidos publicarase o día 6 de abril de 1995 no taboleiro de anuncios da Academia

Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar:

Na sede da policía local de Ourense.

Certificado de participación e aproveitamento:

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada ó mesmo, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xutistificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecementos, impedirá a expedición do certificado.

Modificacións:

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1995.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade