A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece, no seu capítulo 1º do título II, o réxime xeral de fixación, xestión, recadación e réxime xurídico en materia de prezos privados.
0 artigo 6º da mencionada lei sinala así mesmo que os prezos privados serán fixados pola consellería correspondente atendendo ás condicións e circunstancias do mercado no que operen.
O Centro Galego de Artes da Imaxe, incardinado na Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, foi creado polo Decreto 210/1989, do 5 de outubro, para promove-las distintas actividades no campo das artes da imaxe. O centro vén funcionando dentro da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura prestando distintos servicios non só ós profesionais do mundo audiovisual senón tamén ó público en xeral, polo que se fai preciso regula-la percepción de prezos privados por servicios prestados.
Por todo isto,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.
A presente orde ten por obxecto a fixación dos prezos privados percibidos pola Xunta de Galicia no Centro Galego de Artes da Imaxe.
TÍTULO I
Artigo 2º.-Clases de prezos privados.
Establécense os seguintes prezos privados:
a) -Entradas.
b) -Copias.
c) -Autorización para publicar fotocopias.
d) -Cesión de dereitos de uso.
e) -Repicado de cintas.
f) -Visión en sala.
g) -Venda de libros.
Artigo 3º.-Entradas.
Percibirase o prezo das entradas á sala de proxeccións do centro para os pases de material audiovisual que así estea programado e nas horas que se anuncien no programado centro.
Artigo 4º.-Copias.
Para os efectos do presente decreto constitúen copias de documentos as reproduccións de documentos depositados no centro mediante a utilización
de sistemas mecánicos ou automatizados, realizada con fins non venais.
Artigo 5.-Autorización para publicar fotocopias.
Expedirase autorización para publicar fotocopias de documentos custodiados no centro sempre que o peticionario non teña ánimo de lucro e a súa intención sexa de investigación ou con ánimo cultural. En calquera caso, as fotocopias non serán nunca de textos completos e atenderase sempre ó disposto na lei de propiedade intelectual e demais disposicións que a desenvolven.
Artigo 6º.-Cesión de dereitos de uso.
1. A cesión de dereitos efectuarase conforme coas tarifas que se fixan no título II expresadas en pesetas/metro/35 mm, no caso do cine, e en minutos no caso do vídeo, e referidas ó material copiado ou repicado. No caso de imaxes cinematográficas noutros formatos, aplicarase a cantidade proporcional por número de fotogramas.
2. As tarifas non inclúen os custos técnicos que se orixinen, e entenderanse sempre como cesión de dereitos de uso para unha soa producción e sen exclusividade ningunha.
3. En ningún caso se poderán copiar ou repicar bloques temáticos completos. O centro poderá esixir ós usuarios deste servicio a entrega dunha copia completa do producto final en formato U-matic, libre de gastos, que será entregada no prazo máximo de tres meses a partir do copiado ou repicado dos materiais procedentes do seu arquivo.
4. O adquirente está obrigado a facer consta-la orixe dos fondos nos créditos da producción, segundo o disposto na Imaxe Corporativa da Xunta de Galicia.
Artigo 7º.-Repicado de cintas.
Para efectos do presente decreto, enténdese por repicado de cintas a obtención dunha copia en soporte videográfico a partir dun orixinal igualmente en soporte videográfico. A unidade para calcula-lo prezo do repicado de cintas será de 15 minutos.
Artigo 8º.-Visión.
A visión poderá ser realizada en sala -tanto en cine de 16 e 35 mm como en vídeo-, en moviola ou en monitor, e inclúe os medios técnicos e persoais necesarios para o correcto servicio ó usuario. A unidade de tempo sobre a cal se calculan as taxas será de unha hora.
Artigo 9º.-Venda de libros.
A venda de libros limitarase a aqueles que fosen editados pola Xunta de Galicia.
TÍTULO II.-Tarifas.
Artigo 10º.-
Os prezos privados esixiranse de acordo coas seguintes tarifas:
1. Entradas.
1.1. O prezo de entrada por sesión será de 200 pesetas.
1.2. O abono para dez sesións custará 1.500 pesetas.
2. Copias.
2.1. Fotocopias por cada folio:
2.1.1. A4: 12 pesetas.
2.1.2. A3: 18 pesetas.
2.2. Lista de ordenador: cada páxina: 12 pesetas.
2.3. Copia en disquete:
2.3.1. Disquete de alta densidade:
2.3.1.1. Formato 3 1/2: 250 pesetas.
2.3.2. Disquete dobre densidade:
2.3.2.1. Formato 3 1/2: 175 pesetas.
2.3.3. Por cada unha das páxinas: 12 pesetas.
3. Autorización para publicar fotocopias: 138 pesetas.
4. Cesión de dereitos de uso.
4.1. Material cinematográfico e videógráfico.
4.1.1. Producción cinematográfica.
4.1.1.1. Comercial: 2.500 pesetas.
4.1.1.2. De difusión non lucrativa: 1.250 pesetas.
4.1.2. Producción, para televisión: 5.000 pesetas. Televisión de Galicia terá acceso gratuíto.
4.1.3. Producción para vídeo:
4.1.3.1. Comercial: 3.000 pesetas.
4.1.3.2. De difusión non lucrativa: 1.500 pesetas.
4.1.4. Publicidade: 12.000 pesetas (mínimo 80.000 pesetas).
4.1.5. Efectos e son: 800 pesetas (mínimo 7.500 pesetas).
4.2. Material fotográfico:
4.2.1. Copias fotográficas en B/N, tamaño l8x24 cm, sen dereitos de reproducción: 800 pesetas.
4.2.2. Duplicados de diapositivas en cor ou B/N, sen dereitos de reproducción: 500 pesetas.
4.2.3. Copias fotográficas e diapositivas con dereito de reproducción:
4.2.3.1. Producción cinematográfica.
4.2.3.1.1. Comercial: 7.000 pesetas.
4.2.3.1.2. De difusión non lucrativa: 3.500 pesetas.
4.2.3.2. Producción para televisión: 10.000 pesetas. Televisión de Galicia terá acceso gratuíto.
4.2.3.3. Producción para vídeo.
4.2.3.3.1. Comercial: 7.000 pesetas.
4.2.3.3.2. De difusión non lucrativa: 3.500 pesetas.
4.2.3.4. Publicidade: 50.000 pesetas.
4.2.3.5. Publicacións non periódicas: 7.000 pesetas.
4.2.3.6. Publicacións periódicas: 5.000 pesetas.
5. Repicado de cintas.
5.1. De Betacam SP a U-matic HB: 4.000 pesetas.
5.2. De Betacam SP a U-matic LB: 3.000 pesetas.
5.3. De U-matic HB a U-matic LB: 2.500 pesetas.
5.4. De U-matic LB a U-matic LB: 2.250 pesetas.
6. Visión.
6.1. Visión en sala.
6.1.1. 35 mm: 3.000 pesetas.
6.1.2. 16 mm: 1.500 pesetas.
6.1.3. S-8 mm: 1.500 pesetas.
6.1.4. Vídeo: 2.000 pesetas.
6.2. Visión en moviola.
6.2.1. 35 mm: 1.500 pesetas.
6.2.2. 16 mm: 1.500 pesetas.
6.3. Visión en monitor.
6.3.1. Servicio de consulta: gratuíto.
6.3.2. Formatos industriais: 1.000 pesetas.
6.4. Venda de libros.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1995.
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
Conselleiro de Cultura
Sr. Director Xeral de Cultura