Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.122

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se seleccionan os centros desta Comunidade Autónoma que participarán na actividade de escolas viaxeiras durante o ano 1995.

Por Orde do 29 de novembro de 1994 (DOG do 14 de decembro), a Consellería de Educación e Orde

nación Universitaria convocou axudas para a realización das actividades de escolas viaxeiras durante o ano 1995.

Efectuada a valoración das solicitudes polas comisións provinciais previstas no punto 7 da citada orde e conforme a proposta da comisión constituída con tal fin nesta dirección xeral, e en función das atribucións que me foron conferidas pola orde de referencia,

RESOLVO:

Selecciona-los centros que se indican para participar na actividade de escolas viaxeiras que se sinalan no anexo que se xunta á presente resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1995.

Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros