Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.119

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 18 de xaneiro de 1995 pola que se aproba o modelo de certificado, para os efectos da posta en marcha, dos aparellos elevadores a que fai referencia a instrucción técnica MIE AEM 1 do Regulamento de aparellos de elevación e a súa manutención.

O Regulamento de aparellos de elevación e a súa manutención, aprobado polo R.d. 2.291/1985, do 8 de novembro, no seu artigo 17 (posta en servicio) dispón que «a posta en funcionamento dun aparello de elevación e manutención, salvo que a ITC dispoña outra cousa, de acordo co previsto no R.d. 2.135/1990, do 26 de setembro, sobre liberalización industrial, non precisará outro requisito que a presentación ante o órgano competente da Administración pública dun certificado da empresa instaladora, visado por técnico titulado competente designado pola mesma».

A instrucción técnica complementaria referente a normas de seguridade para a construcción e instalación de aparellos electromecánicos, aprobada por Orde do 23 de setembro de 1987, no apartado 16, punto 16.1.2.1, establece que «a autorización de posta en marcha dun ascensor electromecánico entenderase outorgada coa presentación, ante o órgano competente da Administración pública, dos seguintes documentos:

a) Un certificado da empresa instaladora autorizada que realizou a instalación, segundo dispón o artigo 17 do Regulamento de aparellos de elevación e a súa manutención, asinado polo técnico titulado competente que dirixira a montaxe. Esta certificación incluirá o protocolo das inspeccións, verificacións e probas realizadas que se axustará ó indicado no anexo D e terá resultado positivo.

b) Copia do contrato de conservación correspondente, asinado polo propietario ou arrendatario do aparello, se é o caso, e o comprador.

Co obxecto de lle facilitar ó administrado os trámites para a posta en marcha dos aparellos electromecánicos considérase oportuno o establecemento dun modelo de certificado de posta en servicio que inclúa o certificado de realización de instalación e o protocolo de inspeccións, verificacións e probas realizadas.

De acordo co indicado anteriormente e sen menoscabo do cumprimento de todos e cada un dos requisitos establecidos regulamentariarnente, faise preciso establecer no ámbito da Comunidade Autónoma un modelo oficial de certificado, para os efectos da posta en marcha dos aparellos elevadores a que fai referencia a instrucción técnica MIE AEM 1.

En virtude do exposto e de acordo coas competencias que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

O certificado da empresa instaladora, para os efectos da posta en marcha, a que fai referencia o apartado 16.1.2.1 da instrucción técnica complementaria MIE, AEM.1, do Regulamento de aparellos elevadores e a súa manutención, realizarase conforme o modelo oficial establecido no anexo desta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE CULTURA,