Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7026: XG-400 entre Muxía-Santiago de Compostela, con anexos, e Aguiño-Noia, con anexos.

Hermanos Ferrín, S.L. solicitou o cambio de titularidade ó seu favor, da concesión do servicio público regular de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7026: XG-400 entre Muxía-Santiago de Compostela, con anexos, e Aguiño-Noia, con anexos.

Esta dirección xeral resolveu autoriza-lo dito cambio de titularidade, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas do cedente fronte á Administración.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes