Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 13 de xaneiro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fai pública unha relación dos contribuíntes que deberán aportar documentos ó Servicio de Xestión Tributaria co fin de poder acollerse á exención de vehículos (Vigo-Auto, S.L.).

De conformidade co artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase relación dos contribuíntes, cos datos e último domicilio coñecido que se indica, co fin de que aporten a documentación dos vehículos coa matrícula seguidamente reseñada.

Para poder acollerse á exención de vehículos prevista no artigo 45.1-B).17 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e para a súa elevación a definitiva, deberá, no prazo de dez días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula, presentar ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela nº 26, Vigo, a documentación seguinte: data de venda dos vehículos de matrícula referenciada, copia da factura da dita venda, se é o caso, e xustificante da transferencia. Transcorrido o prazo sen que se cumpra co trámite procederemos a xirarlle as liquidacións correspondentes.

Nome do contribuínte: Vigo-Auto, S.L. Servicio Oficial Ford.

Domicilio: Avda. Vigo, 51 e 53. Vigo.

Matrícula do vehículo: PO-7669-S.

Vigo, 13 de xaneiro de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)