Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato de Enfermería Galega (SEGA).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato de Enfermería Calega (SEGA), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: Poderán afiliarse ó sindicato todas aquelas persoas que sexan diplomadas en enfermería.

Asinan a acta de constitución José Mª Quesada de Santiago e Ana Mª Noya González.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Direcctor xeral de Relacións Laborais