Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 12 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma.

Advertidos erros na proposta de festas laborais de carácter local do Concello de Negreira (A Coruña) e do Concello de Tomiño (Pontevedra) e realizadas -a petición dos concellos- as oportunas rectificacións polas delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, da Coruña e de Pontevedra, en Vigo, respectivamente, cómpre face-las correspondentes correccións na antedita resolución, publicada no DOG núm. 241, do 16 de decembro de 1994, así:

-Na páxina 8.208, no anexo I, calendario laboral, provincia da Coruña, onde di: «57. Negreira: 9 de xullo, San Cristovo; 20 de setembro, Santa Margarida», debe dicir: «57. Negreira: 10 de xullo, San Cristovo; 18 de setembro, Santa Margarida».

-Na páxina 8.213, no anexo IV, calendario laboral, provincia de Pontevedra, onde di: «54. Tomiño: 14 de agosto, San Roque; 11 de setembro, Nosa Sra. do Alivio», debe dicir: «54. Tomiño: 16 de agosto, San Roque; 11 de setembro, Nosa Sra. do Alivio».