Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.101

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETO 37/1995, do 27 de xaneiro, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico a favor da Igrexa de Santiago de Traba, no concello de Laxe (A Coruña).

A Consellería de Cultura, por Resolución do 28 de marzo de 1994 (DOG do 15 de xuño) incoou expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico a favor da igrexa de Santiago de Traba, no municipio de Laxe, A Coruña.

A tramitación do mencionado expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico, e co artigo 2º, punto 1º, parágrafo 2 do Real decreto 64/1994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento da lei do patrimonio histórico.

Tendo en conta o establecido no artigo 8 do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, e por proposta do conselleiro de Cultura, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Declarar ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico a igrexa de Santiago de Traba, no municipio de Laxe, A Coruña, coa delimitación que figura no anexo I.

Artigo 2º.-A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I e no plano do anexo II.

Artigo 3º.-O presente decreto será notificado ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, e ó Rexistro Xeral do Ministerio de Cultura.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO I

«Iníciase a delimitación no punto A, lugar de cruzamento da pista que leva á lagoa con outra a vilas inmediatas e seguindo aquela pola súa marxe dereita, con fronte ás parcelas 363 e 367 chega ó punto B. Cruza a pista, e seguindo o curso do regato denominado do Cubelo, que atravesa a parcela 367, chega ó punto C e desde ese, subindo por unha ramificación do mesmo regato do Cubelo chega ata o punto D, desde o que seguindo a liña de deslindamento que delimitan as parcelas 370 e 374 chega ata o E. Desvíase pola fronte da parcela 372 ata o punto F e desde leste, seguindo o camiño de servicio entre as parcelas 371 e 372 chega ó G despois de cruza-la pista; e continuando esta pola súa marxe dereita con fronte ás parcelas 371-365-364 e 363 chega ata o punto de partida A, pechándose así a liña poligonal que conforma a delimitación do contorno da igrexa de Santiago de Traba no concello de Laxe».