Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno da corporación municipal, en sesión extraordinaria do 29 de decembro de 1994, aprobou as bases para a convocatoria de oposición libre para prover en réxime laboral fixo, a tempo parcial, unha praza de auxiliar de biblioteca e arquivo, vacante no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego público de 1994 que a seguir se transcriben:

UNIDADE DE PERSOAL

Convocatoria de oposición libre para prover en réxime laboral fixo, a tempo parcial, unha praza de auxiliar de biblioteca e arquivo.

BASES

1.-Obxecto da convocatoria

É obxecto da presente convocatoria prover en réxime laboral fixo, polo sistema de oposición libre, unha praza de auxiliar de biblioteca e arquivo, baixo a modalidade contractual de a tempo parcial, incluída no oferta de emprego público de 1994, consonte dispoñen a Lei 7/1985, do 2 de abril; Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais disposicións concordantes de aplicación.

2.-Requisitos

Para participar no concurso os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser cidadán español.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non exceder daquela no que falten menos de dez anos para a xubilación forzosa por idade determinada pola lexislación básica en materia de función pública.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

d) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida ou dificulte o desempeño das tarefas correspondentes.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio en calquera Administración pública do Estado, Comunidade Autónoma ou entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

Os anteriores requisitos deberanse cumprir con referencia ó último día de prazo de presentación

das solicitudes e será nula a contratación dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade conforme a normativa vixente.

3.-Solicitudes

As solicitudes, dirixidas ó alcalde presidente da corporación, expresarán que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. As solicitudes poderán remitirse tamén na forma determinada no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os dereitos de exame, por unha contía de mil cincocentas pesetas (1.500), serán satisfeitos directamente ou por xiro postal; á solicitude xuntaráselle recibo que acredite o ingreso na Tesourería do Concello ou, se é o caso, copia do resgardo do xiro postal.

4.-Admisión de aspirantes

Rematado o prazo para presenta-las instancias, o presidente da corporación dictará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se publicará no Boletín Oficial da provincia, BOP e no taboleiro de edictos do Concello, concedendo un prazo de 10 días para reclamacións.

As citadas reclamacións, se as houber, resolveraas o mesmo órgano que aprobou a lista provisional, que aprobará tamén a lista definitiva, que se publicará de novo na forma sinalada. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora do comezo dos exercicios.

5.-Tribunal cualificador

De conformidade co artigo 4 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, o tribunal terá a seguinte composición:

Presidente: o da corporación ou membro desta en quen delegue; secretario: o da corporación ou funcionario desta en quen delegue.

Vocais:

-O xefe da unidade de Urbanismo e Persoal da corporación.

-Un presidente da Comunidade Autónoma.

-A bibliotecaria da corporación.

-O graduado social da corporación.

Os vocais deberán ter titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando se dea calquera das citadas circunstancias.

Os tribunais non se poderán constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas en que así o consideren necesario ou conveniente. Os citados asesores limitaranse a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas.

Os membros concorrentes ás sesións do tribunal, e para os efectos de percepción de asistencias, clasificaranse consonte o disposto no artigo 33 do Real decreto 236/1988, sobre indemnizacións por razón de servicio e normativa complementaria.

6.-Comezo e desenvolvemento dos exercicios

Os exercicios non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciándose, como mínimo, quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio oficial, o día, hora e local en que terá lugar.

A actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non se poidan realizar conxuntamente realizarase por orde alfabética segundo a primeira letra do seu apelido, comezando a letra que resulte do sorteo ó que se refire o artigo 16 do Real decreto 2.223/1984, do 19 de decembro.

Os aspirantes convocaranse para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos da oposición os que, non comparezan, salvo nos casos debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal.

Os aspirantes deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do documento nacional de identidade.

O tribunal publicará os sucesivos anuncios de celebración do segundo e restante exercicios no taboleiro de edictos do Concello.

Os exercicios da oposición serán os seguintes:

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio, consistirá en desenvolver por escrito, no tempo máximo de noventa minutos, un tema de carácter xeral proposto polo tribunal, relacionado coas materias anunciadas no anexo destas bases, sen que teña que axustarse exactamente ós epígrafes delas.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio, consistirá en desenvolver por escrito, durante o tempo máximo de dúas horas e media, dous temas elixidos ó chou polo tribunal, un de cada unha das dúas partes que integran o programa que figura no anexo destas bases.

Terceiro exercicio: de carácter práctico e obrigatorio, consistirá na catalogación e clasificación de dous libros no tempo máximo de noventa minutos. Será imprescindible facer de cada libro a ficha principal e as secundarias.

A catalogación farase de acordo coas vixentes «Regras de catalogación».

O encabezamento de materia redactarase libremente ou axustándose ás listas de encabezamento existentes.

Os opositores poderán utilizar a C.D.U. (clasificación decimal universal) e a «lista de encabezamento de materias para bibliotecas públicas».

Os exercicios primeiro e segundo serán lidos perante o tribunal no día e hora que este sinale,

podendo determinar que a lectura se realice inmediatamente despois de rematar cada exercicio.

7.-Cualificación dos exercicios

Os exercicios serán eliminatorios e cualificados ata un máximo de dez puntos; os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos en cada un dos exercicios serán eliminados.

O número de puntos que outorgará cada membro do tribunal, en cada un dos exercicios, será de 0 a 10 puntos.

As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo, o total polo número de asistentes daquel, sendo o cociente a cualificación definitiva.

A puntuación final resultará da suma das puntuacións obtidas nas tres probas.

8.-Relación de aprobados

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados por orde de puntuación. Dado que en ningún caso o número de aspirantes aprobados pode sobrepasa-lo número de prazas convocadas, a relación definitiva de aprobados confeccionarase co aspirante que obteña a maior puntuación na suma dos tres exercicios da oposición.

O tribunal presentará a citada relación á presidencia da corporación, para que proceda a formaliza-lo correspondente contrato.

9.-Presentación de documentos, e formalización do contrato

No prazo de vinte días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte á puntuación das listas de aspirantes aprobados, estes deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello os documentos que se relacionan:

a) Copia autenticada do DNI.

b) Titulación esixida para tomar parte nas probas selectivas.

c) Declaración xurada de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública.

d) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade referida a data da sinatura do contrato.

e) Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou eiva física que impida ou dificulte o normal desenvolvemento da súa función.

Os que dentro do prazo sinalado, e salvo casos de forza maior, non presenten a súa documentación ou non reúnan os requisitos esixidos non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puideran incorrer por falsidade na súa solicitude para participar no proceso selectivo.

Cumpridos os anteriores requisitos, o presidente da corporación, no prazo de quince días, procederá

á formalización do oportuno contrato, no que poderá especificarse un período de proba consonte dispón o artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

10.-O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e adopta-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nestas bases.

11.-Os interesados poderán impugna-la presente convocatoria e as súas bases, así como tódolos actos administrativos que se deriven dela nos casos e na forma establecidos na Lei de procedemento administrativo.

Cambre, 10 de xaneiro de 1995.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

ANEXO

TEMAS XERAIS

1.-A Constitución española de 1978. Principios xerais.

2.-O Goberno e Administración do Estado.

3.-Organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía.

4.-Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades. Réxime disciplinario.

5.-Organización municipal. Competencias.

6.-O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

7.-O servicio público na esfera local. Os modos de xestión.

8.-Estructuras supramunicipais. As mancomunidades de municipios. As agrupacións municipais. A comarca.

TEMAS ESPECÍFICOS

9.-Historia das bibliotecas.

10.-Concepto e misión dos servicios bibliotecarios. Tipos de bibliotecas.

11.-Bibliotecas infantís e escolares.

12.-O proceso técnico dos libros na biblioteca.

13.-Catálogos: concepto, clases e fins. Fichas e as súas diferentes partes.

14.-Sistemas de clasificación de fondos bibliográficos. A C.D.U. (clasificación decimal universal).

15.-Servicio ós lectores: orientación, información bibliográfica e préstamo.

16.-Extensión bibliotecaria. Función social da biblioteca pública. Actividades socio-culturais e de animación á lectura.

17.-Panorama actual da literatura infantil e xuvenil en España.

18.-O libro galego. A literatura infantil e xuvenil en Galicia.

19.-Cooperación bibliotecaria. Redes de bibliotecas.

20.-Documentos. Definición de arquivo. Clases de arquivos. Os arquivos municipais, os seus fins e funcións.