Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia polo procedemento de urxencia e concurso público a subministración e distribución de, polo menos, 294.200 kits para usuarios de drogas por vía parenteral (UDVP).

I.-Obxecto e orzamento: subministración de, polo menos, 294.200 kits para os usuarios de drogas por vía parenteral (UDVP), por un orzamento de 25.000.000 de ptas., IVE incluído.

II.-Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público deberán ser entregados no prazo de 15 días naturais a partir da formalización do contrato.

III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Saúde Pública, Avda. do Camiño Francés, 10 baixo, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

IV.-Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 113 da Lei de contratos do Estado e 340 do seu regulamento. Ver punto 12.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

V.-Clasificación: non se esixe.

VI.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral da Consellería, Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do R.X.C.E.

VII.-Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

VIII.-Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos