Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, das obras de acondicionamento de varios camiños rurais do concello de Esgos (Ourense) e catro máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa con admisión previa:

Obxecto: contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no Rexistro Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 6 de marzo de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 10 de marzo de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1.-Acondicionamento de varios camiños rurais do concello de Esgos (Ourense): X-3136. (Nº 145).

Orzamento: 22.897.580 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

2.-Acondicionamento de camiños no concello de Sarria (Lugo): X-3318. (Nº 153).

Orzamento: 69.200.000 ptas.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

3.-Mellora da capa de rodadura de camiños rurais no concello de Pereiro de Aguiar, fase II (Ourense): X-2831. (Nº 154).

Orzamento: 27.897.048 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

4.-Acondicionamento de camiños rurais no concello de Boborás (Ourense): X-3100. (Nº 155).

Orzamento: 22.500.000 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

5.-Afirmado e mellora da capa de rodadura de camiños rurais no concello de Carballo (A Coruña): X-3261. (Nº 156).

Orzamento: 90.560.385 ptas.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes