Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita (Expediente A.T. 188/1994).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:

Peticionario: Eléctrica Los Molinos.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a subestación de Taboadelo (Ponte-Caldelas) ata o lugar de Insua onde alimentará a rede da zona sur da empresa, concello de Ponte-Caldelas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.575 m de lonxitude, cunha capacidade de transporte de 10.843 kVA e conductores de aluminio-aceiro LA-110 e apoios metálicos.

Orzamento: 6.426.399 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo núm. 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 26 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra