Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.065

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 24 de xaneiro de 1995 pola que se establece a aplicación de medidas para o fomento do cesamento anticipado da actividade agraria en 1995.

0 Regulamento (CEE) 2.079/1992 do Consello, do 30 de xuño de 1992, establece un réxime comunitario de axudas á xubilación anticipada na agricultura; o Real decreto 477/1993, de 2 de abril, e o R.d. 539/1994, do 25 de marzo, que modifica parcialmente o anterior, regulan este mismo réxime no Estado español e o Decreto 216/1993, do 16 de setembro, regula a aplicación desas axudas na Comunidade Autónoma de Galicia establecendo ademais

o financiamento autonómico das axudas para 1993.

Pola presente orde aplícanse as medidas para o fomento do cesamento anticipado da actividade agraria en Galicia determinando a súa imputación económica en 1995.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia en en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 205/1990, do 15 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A xestión das axudas para o fomento do cesamento anticipado da actividade agraria en Galicia, en 1995, realizarase segundo o disposto no Decreto 216/1993, do 16 de setembro.

Artigo 2º

De acordo co establecido no artigo 10 do Decreto 216/1993, as solicitudes para acceder a estas axudas presentaranse, preferentemente, nas axencias de Extensión Agraria ou servicios provinciais de Axudas Estructurais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e formalizaranse nos impresos que se inclúen como anexo da presente orde.

Artigo 3º

O financiamento correspondente á Comunidade Autónoma de Galicia e derivado do convenio a que fai referencia o artigo 14º do Decreto 216/1993, farase con cargo ós conceptos orzamentarios 09.03.614A.773.00 e 09.03.614-A.773.03 dos orzamentos para 1995 da Comunidade Autónoma de Galicia, dotados con 5 e 15 millóns de pesetas, respectivamente, para esta finalidade.

Artigo 4º

As solicitudes presentnadas en 1994 no marco da Orde de 12 de abril de 1994 pola que se establece a aplicación de medidas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria, pendentes de resolución e que cumpran as condicións da mesma, teranse en conta na presente convocatoria, salvo indicación do interesado en sentido contrario, dirixida ó Servicio Provincial de Axudas Estructurais. A tramitación dos expedientes continuará desde o trámite no que se atopaba ó remate do exercicio anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dictar cantas disposicións considere necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes