Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.064

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 23 de xaneiro de 1995 pola que se fixa o prezo de venda ó público de dúas publicacións editadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala no seu artigo 6º a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-

1.-Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2.-Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

-«As fragas do Eume»: 2.000 pesetas.

-«Métodos eléctricos para o estudio das árbores e plantas»: 618 pesetas.