Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.064

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de decembro de 1994 pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois, situados fóra da Comunidade Autónoma, convocado no anexo III da Orde do 1 de xuño de 1994 (DOG do 13 de xuño).

Advertido erro na citada orde, publicada no DOG nº 247, do 26 de decembro, cómpre efectua-la seguinte rectificación:

Na páxina 8.452, no apartado onde di: «ESPAÑA (agás illas Canarias)», debe dicir: «ESPAÑA (agás Illas Canarias) e PORTUGAL».

No mesmo apartado, debe incluírse o nome:

«Parada Encisa, José Manuel - 35.449.909-1-D 3 Portugal - Univ. de Aveiro, Aveiro, Portugal - 3».

que debe suprimirse na páxina 8.453.

Tamén na páxina 8.452, no apartado onde di: «PAÍSES EUROPEOS AGÁS ESPAÑA», debe dicir: «PAÍSES EUROPEOS AGÁS ESPAÑA E PORTUGAL».

Na páxina 8.454, no apartado «FÓRA DE EUROPA», onde di: «Colonias Ezponda, Ignacio», debe dicir: «Colominas Ezponda, Ignacio».

Na mesma páxina, o centro de destino referente ó bolseiro Pintado Valverde, José, que figura como: «Central Food Technological Research Institute, Surrey. India», debe dicir: «Central Food Tecnological Research Institute, Mysore. India».