Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.063

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/0002648/1994, interposto por Converxencia Intersindical Galega.

O 5 de xaneiro de 1994, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, telegrama polo que se admite o recurso contencioso-administrativo número 1/0002648/1994 interposto por Converxencia Intersindical Galega, contra ordes das consellerías da Presidencia e Economía e Facenda da Xunta de Gali

cia de data 25 de outubro de 1994, sobre modificación de relación de postos de traballo referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 17/1989.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública