Por Resolución do 10 de agosto de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.
Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlles as obras ás empresas:
1. Afirmado e mellora da capa de rodadura dos camiños rurais: Añobres-Baltar-Estrada de Fumiñeo, Figueiras de Abaixo e acceso a Boi (concello de Muxía-A Coruña). X-2892.
Excavaciones Cernadas Valiña, S.L., importe de adxudicación: 9.718.538 pesetas.
2. Pavimentación e saneamento en Narla (concello de Friol - Lugo). X-2992.
Noceda, S.L., importe de adxudicación: 9.676.000 pesetas.
3. Camiños rurais en Ferreira de Pantón (Lugo). X-3179.
Industrias del Deza, S.L. (Indeza), importe de adxudicación: 39.286.663 pesetas.
4. Adaptación da casa grande de Viloira, 2ª fase, Viloira (O Barco de Valdeorras-Ourense). X-3288.
Cotec, S.A., importe de adxudicación: 118.370.000 pesetas.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1995.
Antonio L. Rosón Pérez
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes