Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras que se citan (Expediente X-2919 e oito máis).

Por Resolución do 27 de xullo de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlles as obras ás empresas:

1. Pavimentación estradas de Cadeiras (Lariño) e outras (concello de Carnota-A Coruña). X-2919.

Dago, S.A., importe de adxudicación: 11.740.285 pesetas.

2. Acondicionamento de camiños rurais no concello de Beade (Ourense). X-3151.

Mateo y Freire, S.L., importe de adxudicación: 11.995.000 pesetas.

3. Acondicionamento camiño do campo Castrelo de Miño (Ourense). X-3149.

Dago, S.A., importe de adxudicación: 4.625.350 pesetas.

4. Acondicionamento asfáltico en Ribeira de Piquín (Lugo). X-2536.

Mateo y Freire, S.L., importe de adxudicación: 15.690.000 pesetas.

5. Afirmado e mellora da capa de rodadura de camiños rurais no concello de Ponteceso (A Coruña). X-3181.

Eduardo López Cao, S.L., importe de adxudicación: 26.729.724 pesetas.

6. Reparación de camiños rurais en Antas de Ulla (Lugo). X-3146.

Oteca, S.A., importe de adxudicación: 60.524.878 pesetas.

7. Mellora das capas de rodadura de camiños en Celeiro de Mariñaos, Insua e Vilamartín (Barreiros-Lugo). X-3001.

Isidro Otero García, importe de adxudicación: 13.611.702 pesetas.

8. Acondicionamento de camiños rurais no concello de Lugo (Lugo). X-3236.

Gonzalo Yáñez García, importe de adxudicación: 18.926.312 pesetas.

9. Camiños rurais no concello de Becerreá (2ª fase) (Lugo). X-3260.

Gavxs, Auxiliar y General de Servicios, S.L., importe de adxudicación: 117.179.083 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes