Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.046

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (89/1994).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia do 30 de decembro de 1994, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 89/1994 por instancia de Rafael Romero Valencia, para facer constar no Rexistro da Propiedade a reanudación do tracto sucesivo interrompido e inmatriculación en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

Casa sinalada co número vintedous da rúa Nova desta cidade de Santiago de Compostela. Consta de planta baixa, tres pisos e bufarda, coa súa fronte ó leste e un patio ou xardín ó oeste. Ocupa a extensión superficial de cento noventa e dous metros cadrados. Forma todo un só predio que linda: pola súa dereita saíndo, ó sur, coa casa de herdeiros de Ramón Casal, número vintecatro; pola súa esquerda, ó norte, coa número vinte, de José María Sotos; polas súas costas, ó oeste, co patio da casa número dezanove da rúa do Vilar, de Julio Fontán e irmáns; e pola súa fronte, ó leste, a rúa Nova.

Polo presente cítase a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita co fin de que no termo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto conveña ó seu dereito para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1995.

Selado e rubricado