Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.045

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE LALÍN

CÉDULA de citación (316/1994).

En virtude do acordado en autos de xuízo verbal civil número 316/1994, seguidos neste xulgado por instancia de Antonio Román González e outros, representados pola procuradora Sra. Fernández Ramos, contra José Álvarez del Caño, con domicilio descoñecido, Compañía Aseguradora Unión y Fénix Autos, con domicilio en Madrid, Antonio Seoane Taboada e Compañía Aseguradora Catalana de Occidente, ámbolos dous con domicilio en Ourense, sobre reclamación de cantidade por danos en accidente de circulación; S.Sª acordou cita-las partes para a celebración do correspondente xuízo verbal civil para o próximo día trece de marzo ás dez horas.

E para que conste e sirva de citación ó demandado Jose Álvarez del Caño, con domicilio descoñecido e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Lalín o vintenove de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado