Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.044

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería agroforestal, do departamento de Enxeñería Mecánica, a Eduardo Benedicto Crespo de Nogueira Greer.

Consonte coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 29 de marzo de 1994 (BOE do 19-4-1994), para a provisión de unha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería agroforestal, do departamento de Enxeñería Mecánica da Universidade de Vigo, a prol de Eduardo Benedicto Crespo de Nogueira Greer, DNI nº 5.242.387, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Eduardo Benedicto Crespo de Nogueira Greer profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería agroforestal, do departamento de Enxeñería Mecánica da Universidade de Vigo.

Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 10 de xaneiro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo