Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.044

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación para el Fomento y Desarrollo de las Ayudas Forestales (AFDAF).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación para el Fomento y Desarrollo de las Ayudas Forestales (AFDAF), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: Poderán pertencer á devandita asociación os propietarios forestais, empresas forestais, técnicos forestais, así como tódalas entidades privadas que teñan algunha relación co ámbito forestal de Galicia, xa sexan persoas naturais ou xurídicas por si mesmas ou a través da súa legal representación.

Asinan a acta de constitución: José Carlos Reboreda Sousa e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais