Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.043

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 24 de xaneiro de 1995 pola que se declara de interese galego a fundación Amigos del Coto de Doñana.

Con data do 21 de decembro de 1994 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 19 de decembro de 1994 pola que se clasifica como de interese para o medio ambiente natural a fundación Amigos del Coto de Doñana, adscribíndoa á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

No artigo 59 dos estatutos da fundación establécese que o domicilio se fixa en Cangas (Pontevedra).

Polo anteriormente exposto e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada por Lei 11/1991, do 8 de novembro, e o artigo 32.3º, do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o réxime de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar de interese galego a fundación Amigos del Coto de Doñana.

Segundo.-Ordena-la inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Terceiro.-A dita fundación queda sometida ó disposto na normativa de xeral aplicación ás fundacións de interese galego.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes