Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.030

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (143/1991).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de xustiza gratuíta tramitados neste xulgado co número 143/1991, se dictou sentencia que ten o encabezado e parte dispositiva do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1994, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal, seguido neste xulgado co número 143/1991, no que actuaron como parte demandante María Teresa Seoane Eiras, representada polo procurador dos tribunais Avelino Calviño e asistida pola letrada Noemí Ucha Sobral, nomeados ambos de oficio, e no que se deu audiencia a Antonio Lampón Santos e ó avogado do Estado.

Decido: que estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de María Teresa Seoane Eiras, co obxecto de formular demanda de divorcio contra Antonio Lampón Santos, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, declarando de oficio as custas causadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 da LAC. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Antonio Lampón Santos, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e catro, dou fe.

Rubricado