Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.030

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (192/1992).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado se segue xuízo de divorcio número 192/1992 no que recaeu a sentencia que ten o encabezamento e decisión seguintes:

«Na Coruña, o cinco de decembro de 1994. Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de divorcio número 192/1992, promovidos por instancia de Dolores Otero Sabel e na súa representación o procurador dos tribunais Souto Boo, contra José Luis Cao Rodríguez, en situación procesual de rebeldía.

Decido. Que debo declarar e declaro disolto o matrimonio por divorcio entre Dolores Otero Sabel e José Luis Cao Rodríguez así como a privación total ó seu pai, José Luis Cao Rodríguez, da patria potestade respecto dos seus fillos Verónica, Bárbara e Alfonso Cao Otero, atribuíndolla en exclusiva á nai Dolores Otero Sabel, quedando os fillos ó coidado e en compañía desta. Mantense a contribución económica, fixada na sentencia de separación en 20.000 pesetas para axuda ó levantamento das cargas económicas en favor da demandante, a que se fará valer no momento no que o demandado teña retribución coñecida.

Non se fai expresa condena en custas. Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días. Unha vez firme esta sentencia, comuníquese ó Rexistro Civil onde conste o matrimonio, así como ó rexistro onde conste o nacemento do fillo. Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado o mesmo día da súa data.

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma ó demandado José Luis Cao Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, o cinco de decembro de 1994.

Rubricado