Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.030

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

CÉDULA de citación (183/1994).

En virtude do acordado nos autos de xuízo de faltas número 183/1994, sobre lesións en agresión, no que son partes como denunciantes-denunciados José Vázquez Penas e José Ramón Gil Furlos, no cal se acordou convocar ás partes a xuízo para o próximo día vinteún de febreiro ás dez quince horas, debendo comparecer con tódolos medios de proba de que se intenten valer, e facéndolles sabe-lo que establece o artigo 281.2 da Lei orgánica do poder xudicial e 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952.

E para que así conste e sirva de citación en legal forma ó denunciado-denunciante José Vázquez Penas, na actualidade en paradoiro ignorado, expido, selo e asino a presente cédula en Arzúa o doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado