Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.029

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de febreiro de 1995 pola que se modifica a composición da comisión de selección que xulgará o concurso de méritos para a provisión de postos da función inspectora educativa entre funcionarios de corpos docentes.

Por Orde do 12 de xaneiro de 1995 (DOG do 30), fíxose pública a composición da comisión de selección que xulgará o concurso de méritos para a provisión de postos de función inspectora educativa entre funcionarios de corpos docentes.

Resultando necesario modifica-la composición da comisión, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-A comisión de selección que xulgará o concurso de méritos para a provisión de postos de función inspectora educativa entre funcionarios de corpos docentes, convocado por Orde do 10 de outubro de 1994 (DOG do 27), estará integrada por:

Presidente: Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete

Vocais: Emilio Pérez Sánchez

Clara Rosa Álvarez Fernández

Pablo Fernández Álvarez

Emilio Fernández Figueroa

Alberto González Armesto

Luis Framil Álvarez

Secretario: Augusto Bruyel Pérez

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria