Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 978

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (190/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeria Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber: que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 190/1994, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Comercial Alonso Gándara, S.L., e demandado Manuel Castro Pallas, sendo a contía do asunto a de 100.000 pesetas de principal, máis 80.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, cítase de remate o demandado Manuel Castro Pallas para que no prazo de nove días hábiles a partir da publicación poida oporse á execución, comparecendo nos autos por medio de procurador, apercibido de que de non o efectuar será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen o volver citar nin lle facer outras notificacións cás que determine a lei. Notifícaselle o embargo dos seguintes bens:

1. Vehículo tractor Barreiros, modelo 350, matrícula PO-21318-VE.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado sen requirimento previo de pagamento nor descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Manuel Castro Pallas, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o cinco de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado