Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 978

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (367/1994).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución do día de hoxe, dictada en autos de medidas provisionalísimas nº 367/1994, demanda formulada por María Delia García Bugallo, defendida polo letrado Manuel Martín Gómez e representada polo procurador Ricardo García Piccoli, contra José María Sieiro Toubes, por medio da presente cédula cítase o demandado José María Sieiro Toubes, para que compareza neste xulgado o día 14 de febreiro de 1995, ás 10.00 horas, para a celebración de medidas provisionalísimas nº 367/1994, baixo apercibimento de que, se non o verifica, recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

Para que conste e para que sirva de citación a José María Sieiro Toubes, en paradoiro descoñecido, mediante a súa publicación no DOG, expido a presente cédula en Santiago de Compostela, o 25 de xaneiro de 1995.

A secretaria

Rubricado