En virtude do establecido no artigo 3º, parágrafo 2, do Decreto 3/1987, do 8 de xaneiro, publicado no DOG nº 12, do 20 de xaneiro, que desenvolve regulamentariamente a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo do informe favorable da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco,
DISPOÑO:
Artigo único.
Recoñéceselle a galeguidade ó Centro Calicia de Ponferrada (León).
Disposición derradeira
Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública