Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto
2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Hidroeléctrica de Silleda.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio s/n da L.M.T. derivación a Cervaña ata o C.T. que se proxecta en Alfonsín-Cervaña, concello de Silleda.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 410 m de lonxitude e conductores LA-30 e apoios metálicos e de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 10/20 W-220/380 V. R.B.T. de 850 m de lonxitude e conductores RZ.
Orzamento: 6.745.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 16 de decembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra