Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 886

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifican as listas para a cobertura con carácter temporal dos postos correspondentes a persoal laboral das categorías 5, 13 e 15 do grupo III da Xunta de Galicia.

Esta consellería dictou resolucións polas que se estiman recursos interpostos contra o acordo do 5 de agosto de 1994, da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral das categorías 5, 13 e 15 do grupo III, de conformidade co contido do apartado terceiro dos acordos do 26 de maio e 3, 22 e 28 de xuño da dita comisión.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada nas listas aprobadas polo devandito acordo, no sentido de figurar:

Na categoría 5 do grupo III:-Rocío Cabanelas Peón

DNI nº 35.310.598

No posto nº 16 para o ámbito territorial de Pontevedra.-Antonio Nóvoa Docabo

DNI nº 34.975.241

No posto nº 4 para o ámbito territorial de Ourense.

Na categoría 13 do grupo III:-Gumersindo Rivas Sieira

DNI nº 52.459.874

No posto nº 1 para o ámbito territorial de Pontevedra.

Na categoría 15 do grupo III:-Telmo Carballido Barciela

DNI nº 36.083.931

No posto nº 1 para o ámbito territorial de Pontevedra.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública