Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 886

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifican as listas para a cobertura con carácter temporal dos postos correspondentes a persoal laboral da categoría 1 do grupo VII da Xunta de Galicia.

Esta consellería dictou resolucións polas que se estiman recursos interpostos contra o acordo do 4 de xullo de 1994, da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral da categoría 1 do grupo VII, de conformidade co contido do apartado terceiro do acordo do 25 de marzo e 15 de abril da dita comisión.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das petición do interesado, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada nas listas aprobadas polo devandito acordo, no sentido de figurar:

Na categoría 1 do grupo VII:-Balbina Pais Moldes

DNI nº 33.205.153

No posto nº 3 para o ámbito territorial de Santiago de Compostela.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública