Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 1995 Páx. 851

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de xaneiro de 1995 pola que se clasifica como laboral a fundación Paz e Solidariedade.

Visto o expediente de clasificación da fundación Paz e Solidaridade, con domicilio en Santiago de Compostela, rúa Xeneral Pardiñas, 26-2ª planta.

Supostos de feito:

1.-Que Eusebio Justo Santos, na súa condición de presidente do padroado da fundación, en escrito do 14 de outubro de 1994, formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2.-Que a fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela o día 3 de outubro de 1994 ante o notario do Ilustre Colexio de Galicia Ildefonso Sánchez Mera, co número cinco mil vintenove do seu protocolo, por Xesús Díaz Díaz, José Eusebio Justo Santos, Benedicto García Villar, Hortensia Álvarez Zunzunegui, Ricardo Gurriarán Rodríguez, Carlos Vázquez González, Ángel Rodríguez Mariño e Leopoldo Beceiro Purriños. Interveñen: Xesús Díaz, en representación, como secretario xeral, do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia e os demais no seu propio nome e dereito, en unión de Javier Pose Calvelo e Juan Bello Moreno. O 28 de decembro de 1994 outórgase en Santiago de Compostela escritura pública de execución de acordos, por José Eusebio Justo Santos, o que intervén en nome e representación, como presidente do padroado da fundación, ante Juan-José Ecenarro y Anzorandía, en substitución de Ildefonso Sánchez Mera e para o seu protocolo.

3.-Que, segundo consta nos seus estatutos, o obxecto da fundación é, entre outros, a formación dos traballadores e das traballadoras en Galicia ou nos seus respectivos países. Nos países en vías de desenvolvemento a fundación privilexiará as relacións coas organizacións sindicais locais, xunto coas que se establecerán as prioridades e as modalidades de intervención, co dobre obxectivo de responder ás necesidades da poboación e fortalece-las organizacións de traballadores, aumentando a súa representatividade.

4.-Que o padroado da fundación estará constituído por Eusebio Justo Santos como presidente, María Dosinda Pereira Mato como secretaria, Juan Bello Moreno, como tesoureiro e como vocais Benedicto García Villar, Hortensia Álvarez Folgar, Javier Pose Calvelo, Emilio Fernández Zunzunegui, Ricardo Gurriarán Rodríguez, Carlos Vázquez González, Ángel Rodríguez Mariño e Leopoldo Beceiro Purriños.

5.-Que a comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevou ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como laboral da fundación Paz e Solidariedade, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1 e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como laboral e a súa adscrición á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da ante-

rior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito:

I.-Que o artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e que o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia lle outorga competencia exclusiva para o réxime das fundacións de interese galego.

2.-Que, de acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3.-Que, á vista do que antecede, se poden considerar cumpridas as finalidades tanto legais coma regulamentarias, establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 18 de xaneiro de 1995.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como laboral a fundación Paz e Solidariedade, adscribíndoa á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro dé 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública